Colexio Casa de la Virgen


         


Actividades Extraescolares - Curso 2015/16

A 'ANPA A Patela' informa da oferta de Actividades Extraescolares organizadas para o curso 2015/2016, así como dos grupos e horarios planificados para o seu desenvolvemento, aínda que NON se descarta a posibilidade de programar outras actividades ou desdoblar algún grupo, dependendo da demanda e da dispoñibilidade das instalacións.


ACTIVIDADES
HORARIO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
Mediodia
(13:50-14:50)


Zumba
Infantil

Zumba
Primaria
Inglés
Infantíl
Contacontos
Primaria
Contacontos
Infantil
Manualidades
Primaria
Tarde
(16:00-17:00)
      Pilates
Nais/Pais
 
Tarde
(17:15-18:15

  Balonmán
Primaria
  Balonmán
Primaria
Inglés
Primaria
 



INFORMACIÓN ADICIONAL

• O pago será mediante domiciliación bancaria.

• Para participar nestas actividades é preciso ter pago o SEGURO ESCOLAR e SER SOCIO da ANPA.

• Os recibos das actividades serán pasados a cobro o día 10 de cada mes.
(Non se devolverán os cartos a aqueles alumnos,que por causas alleas á ANPA non asistan á actividade,ou se derán de baixa dunha forma irregular ou durante o período comprendido en cada pago).

• As actividades comenzarán o 1 de Outubro.A baixa (ou alta) nunha actividade,posteriores á data de inicio deben formalizarse por escrito.

• Os alumnos que realicen actividades extraescolares,no horario de tarde,serán recollidos polos pais ou persoa autorizada na porta principal do colexio.Solicitase a máxima puntualidade.Os monitores agardarán polos pais un máximo de dez minutos.A tardanza reiterada será penalizada coa exclusión do neno da respectiva actividade.

Circular informativa e formulario de inscrición [.pdf]


Normas básicas de funcionamento:

Para os responsables das actividades:

• Acatar en todo momento as indicacións da Dirección do Colexio.
• Estar puntuais para o inicio da actividade á hora sinalada.
• Solicita-la chaves necesarias das aulas, do pavillón ou do campo na portería do Colexio.
• Si se colle algún material do Colexio, deixalo despois da actividade onde estivera.
• Velar por un correcto uso por parte dos alumnos/as das instalacións do Colexio.
• Responsabilizarse durante o tempo que dure a actividade dos alumnos/as.
• Ao remate da actividade, vixiar que non quede ningún alumno/a só ata que veñan os seus pais a recollelo, tendo especial coidado cos máis pequenos.
• Avisar ao persoal da ANPA de calquera incidencia ou problema que xurda cos alumnos/as

En caso de accidente leve:
• Avisar aos seus pais, os cales se faran cargo do alumno/a para levalo, se o estiman oportuno, ao centro médico sinalado no seguro escolar.

En caso de accidente grave:
• Avisar ao 061 para levalo canto antes ao centro de saúde máis cercano ou aos sinalados no seguro escolar e avisar aos seus pais.

Teléfonos de emerxencia en caso de accidente:

Urxencias Centro de Saúde de Cangas 986 300 304
Urxencias Ambulancias 061
Prosaúde: 986 304 344
Povisa: 986 413 144

 

 





.

Inicio Xunta Directiva Estatutos Circulares Actividades Deportes Suxerencias