Colexio Casa de la Virgen


          


Deporte Escolar

As actividades escolares serven para que os nenos aprendan a competir, a ter respecto, educación, compañeirismo, e sobre todo disciplina.

É moi importante que na idade escolar os nenos teñan unha boa alimentación e desempeñen algunha actividade deportiva que lles axude a levar unha excelente progresión hacia a súa madurez.

Os monitores tratamos de inculcarlles unha importante disciplina, saber respectar ós compañeiros, adversarios e árbitros. Teñen que aprender a saber e facerse respectar, polo tanto, que cheguen a ser competitivos a base de esforzo e sacrificio. En definitiva do que se trata é de poder facilitarlles unha boa axuda na súa etapa de crecemento con tódolos aspectos que acabamos de comentar.

Nunca debemos esquecernos de que por encima de todo sempre estarán os estudios e a propia educación dos seus pais.

 





.

Inicio Xunta Directiva Estatutos Circulares Actividades Deportes Suxerencias