Colexio Casa de la Virgen


          Capítulo I [Da asociación en xeral] | Capítulo II [Dos/as asociados/as] |
          Capítulo III [Do funcionamento asociativo] | Capítulo IV [Da modificación dos estatutos] |
          Disposición Final


Estatutos da ANPA 'A Patela'
Adaptados á Lei Orgánica 1/2002



CAPÍTULO I. Da asociación en xeral

Artigo 1. Coa denominación de Asociación de Nais e Pais de Alumnos A PATELA do colexio "Casa de la Virgen", adáptanse os estatutos da asociación existente ó abeiro da Lei Orgánica 8/1985 do dereito á educación, Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo do dereito de asociación, e normas complementarias, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

Artigo 2. Esta asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3. Son fins principais da asociación:
a) Asistir ós pais ou titores en todo aquello que atinxe á educación dos seus fillos ou titorados.
b) Colaborar e complementa-las actividades educativas do Centro.
c) Promove-la participación dos pais/nais de alumnos na xestión do Centro.
d) Asistir ós pais ou titores no exercicio do seu dereito a interviren no control e xestión do Centro.
e) En xeral, colaborar na tarefa de logra-lo desenvolvemento da personalidade do alumnado en tódolos seus aspectos.

Artigo 4. Para o cumprimento destes fins realizanse as seguintes actividades:
a) Celebración de certames, concursos e exposicións escolares
b) Organización de actividades extraescolares deportivas e culturais.
c) Organización de conferencias, charlas e debates.
d) Fomento de viaxes culturais e excursións
e) Participación en festivais e festas de carácter lúdico
f) Calquera outra actividade que a Xunta Directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da asociación.

Artigo 5. O domicilio social da asociación, radicará na localidade de Cangas, no propio colexio Fundación "Casa de la Virgen", sito en Rodeira 12, código postal 36940 da provincia de Pontevedra.
Enténdese que o Centro pon as súas instalacións a disposición da ANPA, para as súas reunións e actividades programadas. Non obstante ó anterior, poderase empregar outros locais asociativos na cidade (ou noutras cidades) se no futuro se estimase oportuno por acordo da Xunta Directiva.

Artigo 6. A asociación en función dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito do concello de Cangas e comarca do Morrazo.



CAPITULO II. Dos/das asociados/as

Artigo 7. Poderán ser membros da asociación tódalas persoas físicas, con plena capacidade de obrar que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter interese no desenvolvemento dos fins da asociación
b) Ser pais, titores ou representantes legais dos alumnos do colexio "Casa de la Virgen" de Cangas.
c) Formaliza-la integración á asociación mediante a cobertura do documento de incorporación e pago da cota correspondente que a Xunta Directiva comunicará ó comezo de cada curso escolar.

Artigo 8. A condición de asociado pérdese por causa de:
a) Vontade própia, comunicada por escrito á Xunta Directiva e previo aboamento de tódalas cotas que teña pendentes.
b) Impagamento de cotas.
c) Cando non representen a ningún alumno do centro.
d) Realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación.
e) Expediente disciplinario.

Artigo 9. A expulsión de persoas asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado.
En todo caso, o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral.

Artigo 10. Os/as socios/as teñen os seguintes dereitos:
1. Tomar parte eles e os seus fillos, titorados ou representados en calquera actividade que a asociación organice en cumprimento dos seus fins.
2. Participar nas Asembleas, con voz e voto (un único voto por unidade familiar), así como ser elector e/ou elixible para os cargos directivos.
3. Recibir información sobre os acordos acadados polos órganos da asociación, así como sobre a información máis salientable da planificicación e do orzamento e as súas respectivas execucións.
4. Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da asociación.
5. Aqueles outros que sexan recollidos pola lexislación vixente.

Artigo 11. Os/as socios/as teñen as seguintes obrigas:
1. Cumpri-los presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva.
2. Asistir as Asembleas Xerais.
3. Satisface-las cotas que se establezan.
4. Colaborar nas actividades programadas cos membros da Xunta Directiva.
5. Observar unha boa conducta cívica.
6. Aquelas outras que sexan recollidas na lexislación vixente.



CAPÍTULO III. Do funcionamento asociativo

Réxime Xeral

Artigo 12. A asociación rexerase segundo os presentes Estatutos, sempre que os seús contidos non se opoñan ás leis nin contradigan os principios contidos na Lei Orgánica 1/2002 e o seu desenvolvemento regulamentario.

Artigo 13. O goberno e a representación da Asociación están a cargo dos seguintes órganos:
a) A Asemblea Xeral, como máximo órgano colexiado da Asociación.
b) A Xunta Directiva, como órgano colexiado no que a Asemblea delega o goberno permanente da Asociación.
c) O presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a; como órganos unipersonais e con funcións de goberno e de representación determinadas polos Estatutos.

Asemblea Xeral

Artigo 14. A Asemblea Xeral é o órgano de expresión da vontade da Asociación. Estará integrada por tódolos/as asociados/as e tomará os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna. O presidente/a e o secretario/a da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta ¨Directiva.

Artigo 15. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario dúas veces ó ano: ó comezo do curso para propoñer o programa e o orzamento do ano escolar, e ó final do curso para expoñer a memoria da xestión anual.

Artigo 16. A Asemblea Xeral reunirase con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, o considere o presidente/a ou o soliciten o 10% dos/das asociados/as. Neste último caso realizarase por escrito dirixido ó presidente/a, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e os asuntos a incluir na orde do día.

Artigo 17. A Asemblea Ordinaria será convocada con 15 días de antelación e a Extraordinaria con 7 días de antelación polo presidente/a da Xunta Directiva. Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da xuntanza, así como a orde do día coa expresión dos temas a tratar. Tamén ha de sinalarse a hora da segunda convocatoria, que como mínimo terá que separarse media hora da primeira convocatoria.

Artigo 18. Para que as Asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos asociados/as asistentes sempre que concorran un tercio do total dos asociados/as con dereito a voto (un por unidade familiar), na primeira convocatoria ou, pasado o prazo estipulado, con calquera número de asociados/as con dereito a voto (un por unidade familiar) en segunda convocatoria.

Artigo 19. Son competencias da Asemblea Xeral:
a) Aproba-lo plan de actuación proposto pola Xunta Directiva, así como examinar e aproba-la memoria da xestión correspondente.
b) Aproba-lo orzamento proposto pola Xunta Directiva, así como examinar e aproba-los balances e as contas anuais do exercicio anterior.
c) Fixa-las cotas ordinarias e /ou extraordinarias.
d) Aprobar regulamentos de réxime interno da Asociación.
e) Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.
f) Aproba- la federación con outras asociacións.
g) Modifica-los Estatutos da Asociación.
h) Disolve-la Asociación e designa-los liquidadores.
i) Expulsar a socios/as, a proposta da Xunta Directiva.
k) Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.
l) As demais que resulten dos Estatutos.
m) Calquera outro asunto de interese xeral.

Artigo 20. Os acordos tomaránse por maioría simple das persoas presentes cando os votos afirmativos superen ós negativos, non sendo computables os votos en branco nin as abstencións. En caso de empate decidirá o voto cualificado do presidente/a. Será precisa maioría cualificada das persoas presentes, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para os apartados comprendidos entre o f) e o k) do artigo 19. A continuación levaránse os acordos ó libro de actas e asignará o presidente/a e o secretario/a. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría simple dos presentes.

Artigo 21. Os acordos que vaian en contra destes Estatutos ou dos fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición quedará aberta a vía para recorrer diante da xurisdicción ordinaria.

Xunta Directiva

Artigo 22. A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada polos cargos de: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e vocais. Tódalas persoas que compoñan a Xunta Directiva exercerán o cargo de forma gratuíta. Os cargos serán designados e revogados pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de dous anos, podendo ser reelixidos ó final do seu mandato se presentan a súa candidatura novamente.

Artigo 23. Os cargos da Xunta Directiva poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e/ou por expiración do mandato.

Artigo 24. Tres meses antes de finaliza-lo mandato solicitaranse e admitiranse candidaturas que serán presentadas na Asemblea Xeral Ordinaria de fin de curso quedando constituida e refrendada a nova Xunta Directiva para o seguinte mandato.

Artigo 25. As vacantes que se puideran producir na Xunta Directiva cubriranse provisionalmente por designación da mesma ata que a Asemblea Xeral elixa os novos membros, ou confirme nos seus postos ós designados.

Artigo 26. A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez ó mes e con carácter extraordinario cantas veces o determine o presidente/a ou a peticion de tres dos seus membros. A convocatoria realizarase como mínimo con tres días de antelación.
A Xunta Directiva quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros, e para que os seus acordos sexán válidos deberán ser tomados por maioría simple de votos. No caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente/a.

Artigo 27. As facultades da Xunta Directiva estenderanse con carácter xeral, a tódolos actos propios das finalidades da Asociación, sempre que no requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral. En particular son facultades da Xunta Directiva:
a) Dirixi-las actividades sociais e leva-la xestión económica e administrativa da Asociación.
b) Convoca-las Asembleas Xerais e executa-los acordos nela acadados.
c) Formular e someter á aprobacion da Asemblea Xeral o plan de actuación así como a memoria da xestión correspondente.
d) Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento do exercicio, así como os balances e as contas anuais do exercicio pechado.
e) Resolver sobre a admisión de novos asociados.
f) Crear comisións de traballo co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades ou recadar das mesmas as informacións necesarias. O cargo destas comisións designarase un membro da Xunta Directiva.
g) Nomear delegados para determinadas actividades da Asociación.
h) Interpreta-los Estatutos e o Regulamento de réxime interno.
i) Dictar normas de funcionamento particulares cando se considere que algún asunto o precisa, e non está contemplado nos Estatutos nin no Regulamento de réxime interno.
k) Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de socios.

Órganos Unipersonais

Artigo 28. O/a Presidente/a terá as seguintes atribucións:
a) Ostenta-la dirección da Asociación velando polo cumprimento dos seus fins.
b) Representar legalmente á Asociación diante de toda clase de organismos públicos e privados.
c) Convocar, presidir e levanta-las sesións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, fixa-la orde do día, así como diríxi-las deliberacións que nelas se produzan.
d) Ordenar pagos e autorizar coa súa firma os documentos, actas, certificacións e correspondencia que emanen da Asociación.
e) Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle e no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou convinte, debendo dar conta posteriormente á Xunta Directiva.

Artigo 29. O/a Vicepresidente/a asumirá as funcións que lle delegue o presidente/a, substituíndoo en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 30. O/a Secretario/a terá as seguintes atribucións:
a) Ostenta-la dirección dos traballos administrativos da Asociación.
b) Custodiar e leva-los libros de actas e de rexistro de socios/as, documentos e selos.
c) Estende-las convocatorias e as actas das reunións, ademais de expedir certificacións das mesmas co visto bo do presidente/a.
d) Comunicación sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscribibles ós Rexistros correspondentes, así como a presentación de contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan.
e) Redacta-la memoria anual.

Artigo 31. O/a Tesoureiro/a terá as seguintes atribucións:
a) Ostenta-la dirección dos traballos de xestión económica da Asociación.
b) Custodiar e leva-los libros de contabilidade e os inventarios así como tódolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances.
c) Prepara-los orzamentos, as contas anuais e os balances para a súa presentación diante da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral.
d) Recadar e custodia-los fondos pertencentes á Asociación.
e) Dar cumprimento ás ordes de pago que expida o/a presidente/a.

Artigo 32. Os Vocais terán as seguintes atribucións:
a) As obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva.
b) Serán a canle das suxestións dos asociados.
c) Asumirán as obrigas que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta Directiva lles encomende.
d) Poderán asumi-las funcións dos órganos unipersoais dos artigos anteriores, substituindo ó presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

Réxime Económico

Artigo 33. A Asociación e unha entidade sen ánimo de lucro. Os posibles beneficicios obtidos como consecuencia das súas actividades económicas, se as houbese, incluída-las prestacións de servicios, deberán destinarse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins.

Artigo 34. A Asociación no momento de constituirse carece de patrimonio fundacional.

Artigo 35. O exercicio económico asociativo será anual, entendendo o período escolar e o seu peche será o 31 de agosto.

Artigo 36. Coa ocasión da finalización dun mandato dunha Xunta Directiva; na Asemblea Xeral ordinaria de final de curso procederase ó peche do exercicio económico.

Artigo 37. O orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado na Asemblea xeral ordinaria de inicio do curso. Asemade, a liquidación do orzamento terá que ser presentada na Asemblea Xeral ordinaria de fin de curso.

Artigo 38. Anualmente practicarase o inventario e balance de situación que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos socios/as, durante un prazo non inferior a quince días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

Artigo 39. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
a) As cotas ordinarias dos asociados/as (unha soa cota por unidade familiar), que en ningún caso serán reintegrables.
b) As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
c) As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
d) Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
e) Calquera outro recurso lícito.

Artigo 40. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberá ter recoñecida-las alomenos dúas firmas entre as do presidente/a, vicepresidente/a, e tesoureiro/a e secretario, para o emprego conxunto delas.



CAPÍTULO IV. Da modificación dos Estatutos.

Artigo 41. Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou dun cuarto dos asociados/as.
A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria terá a modificación dos Estatutos como único punto na orde do día. O texto coas modificacións propostas sera posto á disposición dos socios, abríndose un prazo de 10 días para que calquera socio/a poida dirixir á Xunta Directiva as propostas e enmendas que estime oportuno. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea, e serán postas a disposición cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma.

Artigo 42. A asociación disolverase polas seguintes causas:
a) Pola vontade dos asociados/as acordada na Asemblea Xeral Extraordinaria por maioría dos presentes.
b) Por non existir voluntarios para ocupa-los postos da Xunta Directiva.
c) Por outras causas determinadas legalmente.
d) Por sentencia xudicial.

Artigo 43. Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará unha comisión liquidadora. Procederá a efectúa-la liquidación dos bens; pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
O haber líquido resultante, unha vez efectuada a liquidación doarase á Fundación "Casa de la Virgen".
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.



Disposición Final

Artigo 44. En todo caso, será de aplicación xeral para tódalas actividades da Asociación o disposto na lexislación vixente a cal afectará tamén a todo o referido nos presentes Estatutos.

 

 





.

Inicio Xunta Directiva Estatutos Circulares Actividades Deportes Suxerencias