Colexio Casa de la Virgen


          

Benvidos á páxina web da ANPA 'A Patela'

Aproveitando a posta en marcha desta páxina web como vehículo de información e comunicación do colexio e da ANPA, os membros da xunta directiva queremos dar a benvida á mesma a tódolos que formamos parte do conxunto da Fundación Casa de la Virgen: Entidade Titular do Centro, irmás Hijas de la Caridad como administradoras do colexio, profesorado, persoal non docente, alumnos/as, pais, nais, familiares e socios da ANPA.

Na asemblea xeral de inicio de curso prantexamos a posibilidade de crear a páxina web do colexio e da ANPA para servir como vehículo de comunicación e información entre todos. Levou tempo, pero por fin o logramos, e como poderedes observar o nome é "casadelavirgen" sen facer mención a ANPA nin A Patela. Esta decisión tomouse pensando nunha maior posibilidade de continuidade por parte do Colexio no suposto, que non desexamos, de que a ANPA desaparecera. Asi mesmo somos conscientes de que os obxectivos e camiños da ANPA e do Colexio teñen que ser os mesmos e polo tanto temos que buscar un entendemento mútuo entre ambalas dúas entidades.

Polo que respecta a esta páxina web, invitámosvos a percorrerla con atención, pinchando sobre cada botón para ir descubrindo progresivamente tódolos contidos da mesma e ainda que algúns están incompletos iranse actualizando paulatinamente. Desexamos que a páxina sexa do voso agrado e podedes utilizar a direccción de correo electrónico da ANPA para facernos chegar as suxerencias e comentarios que estimedes oportunas, ben sexan co respecto á xestión ou temas relacionados coa ANPA, como da propia páxina web.

Queremos aproveitar este espacio para lembrar a labor de tódalas xuntas directivas da ANPA anteriores. Pasaron xa catro xuntas directivas dende a súa constitución ata chegar a actual, e hai que deixar constancia do traballo e o esforzo que cada unha delas tivo para conseguir a implantación progresiva da ANPA, á vez que realizaban importantes avances e logros en pro de toda a comunidade educativa do colexio. É significativo o aumento progresivo de socios que ano tras ano ten a ANPA, iso demostra que se vai tomando conciencia da labor que se realiza dende a mesma, e ainda que somos conscientes que hai xente descontenta coa nosa xestión, confiamos en poder dicir nun futuro non moi lonxano que a totalidade das familias que teñen alumnos/as no Colexio son socios e forman parte da ANPA, iso faría de nós unha ANPA solidaria, máis forte e con máis recursos económicos para colaborar en máis proxectos en beneficio dos nosos fillos.

Para terminar, queremos deixar constancia e agradecer publicamente a tódolos familiares de alumnos/as que estan realizando gardas nas actividades extraescolares, e tratar de concienciar ao resto da importancia desta colaboración. Sen a súa axuda sería practicamente imposible que os membros da xunta directiva da ANPA puideramos realizar tódalas gardas debido ao noso traballo.

Atentamente,

A Xunta Directiva da ANPA




 


facebook



.

Inicio Xunta Directiva Estatutos Circulares Actividades Deportes Suxerencias