Escola Cristiá Vicenciana | Principios educativos | Aspectos educativos | Comunidade educativa


Centros Educativos Vicencianos


Escola Cristiá Vicenciana

O centro pertence ao Carácter propio da Fundación, que está ligado desde os seus comezos á Escola Cristiá Vicenciana.

No marco da ESCOLA CATÓLICA e co espírito de colaboración e servizo a unha sociedade plural e á Igrexa, a entidade titular dos Centros Educativos Vicencianos ofrece o Carácter Propio:

Como signo da presenza do Reino de Deus no mundo da educación e xesto de FE e ESPERANZA na posibilidade dun home novo.

Como resposta ás familias que deciden dar aos seus fillos unha educación cristiá.

Os Centros Vicencianos definen a súa misión educativa, orientada ao desenvolvemento integral da persoa, segundo o Evanxeo e cun xeito propio.

Como escola cristiá, os nosos centros propóñense presentar a mensaxe de Xesucristo e a Relixión Católica na realidade socio-cultural de cada lugar, como expresión da súa identidade e da súa vocación evanxelizadora.

Como escola vicenciana, inspirada nos nosos fundadores, Vicente de Paúl e Luísa de Marillac, basean os seus esforzos na integración social dos alumnos, a sensibilización polos necesitados e a valoración do saber como medio para servir mellor aos demais.



Principios inspiradores do modelo educativo da Escola Vicenciana

Formación integral dos alumnos dacordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo.

Opción polos máis febles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación.

Vivencia dos valores evanxélicos, a través dos cales revelamos que Deus nos ama.

Compromiso pola xustiza e pola solidariedade universal, cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.

Relacións e clima educativo baseados na sinxeleza.

Respecto á vida e á natureza, fomentando a responsabilidade ante o progreso da ciencia e a tecnoloxía.

Estes PRINCIPIOS INSPIRADORES animan a acción educativa baseada nunha PEDAGOXÍA ABERTA, FLEXÍBEL E CONSTRUTIVA, que se adapta ás necesidades dos alumnos e que incorpora as innovacións didácticas que a calidade educativa esixe.

En coherencia con estes principios favorecemos os seguintes aspectos:


Aspectos da nosa acción educativa

EDUCACIÓN INTEGRAL: Desenvolvemento de tódalas dimensións do alumno/a, para chegar ao máximo das súas posibilidades.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: Educación personalizada que dá especial importancia á acción titorial, servizo de orientación. Apertura e formación no respecto á pluralidade étnica, cultural e relixiosa para promover a integración social.

COMPROMISO SOCIAL: Ambiente educativo fraterno que supón sinxeleza, acollida, confianza e alegría. Aprendizaxe cooperativa que potencia a convivencia, a participación, o respecto, a capacidade de diálogo e a colaboración. Presenza dos educadores baseada nunha relación de proximidade, disponibilidade e cun xeito educativo coherente e de calidade.

EDUCACIÓN NA FE: Harmonía entre a fe e o conxunto de saberes, valores, actitudes e comportamentos que favoreza a síntese persoal entre fe, cultura e vida. Acompañamento aos alumnos no seu proceso de maduración na fe a través de asociacións de pastoral xuvenil, especialmente de XMV. Proposta de formación e profundización na fe aos membros da Comunidade Educativa.

EDUCACIÓN PARA O OCIO: Actividades formativas máis alá do horario lectivo que axuden á Comunidade Educativa a abrirse a un mundo de dimensións cada día máis amplas.

TIC Ó SERVIZO DA EDUCACIÓN: Utilización de medios para o desenvolvemento das competencias que demanda a sociedade neste eido, facendo prevalecer os valores persoais, éticos e relacionales sobre o meramente técnico.

AVALIACIÓN SISTEMÁTICA: Análise do nivel de calidade da acción educativa, orientada a unha mellora continua.


Comunidade educativa

A relación constante entre pais, profesores, alumnos, persoal da administración e servizo e entidade titular, en ambiente de corresponsabilidade, da coherencia e fecundidade da nosa acción educativa contribúe a acadar un bo nivel de formación.

Formar parte da Comunidade Educativa compromete a:

Compartir e aportar, con espírito de servizo, a nosa competencia e habilidades.
Esforzarse por construír unha comunidade viva na que todos busquemos o ben dos demais.

     

 

subir




.