Introdución | Memoria

Introdución

A Fundación Casa de la Virgen é unha obra Benéfico-Docente e Social de doazón particular, fundada en agosto de 1941 e aprobada polo Ministerio de Educación Nacional o 29 de decembro de 1942. A Fundación é a entidade titular de todo o Colexio e as Irmáns "Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul", actúan en calidade de administradoras do Colexio.

O primeiro Presidente da Fundación foi o Reverendo Padre Francisco de Paula Puyal Gil S.J. (irmán dunha "Hija de la Caridad: Sor Isabel Puyal Gil, Visitadora de las Hijas de la Caridad de la provincia de Madrid, Martínez Campos 18). O 13 de febreiro de 1974 lle substitúe o Padre Carlos García-Diego ata o momento do seu encontro co Señor o 25/04/2000. Na actualidae o Director-Presidente da fundación é D. Isidoro Ángeles Ventura.

O obxecto orixinal e prioritario da Fundación desenvolveuse en tódolos campos, relixioso, asistencial, Educación Cristiana e dar ensinanza gratuita aos máis necesitados, nenas e orfos pobres, catequesis en barrios extremos, etc... Unha vez rematada a etapa de internado das nenas procedentes de Madrid, as "Hijas de la Caridad" centráronse na labor educativa e asistencial aos xóvenes e maiores da zona de Rodeira, A Pedreira, Espítitu Santo, etc. Tódalas zonas máis necesitadas na saída dende Cangas hacia Moaña.

O Colexio Casa de la Virgen está situado na entrada á Vila de Cangas dende Vigo, na PO-551, no entorno da praia de Rodeira, a 2 Km. do centro de Cangas, pertencente á parroquia de San Salvador de Coiro. Os terreos do Colexio foron adquiridos polo Padre Puyal a varios propietarios que tiñan as súas parcelas individuais. A Sra. Dª Julia, Vva. de BESGA, unha gran benefactora da Casa, deixou parte do seu capital para a realización da OBRA.

Na actualidade, o Colexio "Casa de la Virgen" de Cangas imparte, durante o curso escolar, ensinanza a nenos/as da comarca do Morrazo, principalmente Moaña e Cangas, e na tempada de verán, as Colonias para os alumnos/as do Colexio Casa de la Virgen de Madrid, que se benefician gratuitamente das instalacións e o entorno da zona.


Memoria

1941.- Creación da Fundación Casa de la Virgen para internado de nenas.

1942.- O 29 de decembro o Ministerio de Educación Nacional aproba e da cauce legal a esta Gran Obra Educativa e Social, a Fundación Benéfico-Docente "Casa de la Virgen"
Se inaugura a Casa-Colexio en Cangas de Morrazo coa finalidade de realizar unha labor en tódolos campos, relixioso, asistencial, de acollida aos máis desfavorecidos, de atención aos máis xóvenes e maiores en todo o que se necesitaba na zona.

1974.- O 13 de febreiro o Padre Carlos García-Diego toma o relevo na Dirección da Fundación de mans do Padre Puyal.

1987.-A partir deste ano comenzan unha serie de obras para a transformación paulatina do centro, convertindose nestes anos no que podemos observar a día de hoxe.

 

subir




.