Benvidos á nosa casa | Quen somos | Onde estamos | Enderezos

Benvidos á nosa casa

No Colexio CASA DE LA VIRGEN, no marco da ESCOLA CATÓLICA e con espíritu de colaboración e servicio a unha sociedade plural e á Igrexa, a entidade titular dos Centros Educativos Vicencianos, ofrece:

Formación integral dos alumnos/as.

Opción polos máis febles.

Vivencia dos valores evanxélicos.

Compromiso pola xustiza e a solidaridade universal.

Relacións e clima educativo basado na sinxeleza.

Respecto á vida e á natureza, fomentando a responsabilidade ante o progreso da ciencia e da tecnoloxía.


Quen somos

A Fundación Casa de la Virgen é unha obra Benéfico-Docente e Social de doazón particular, fundada en agosto de 1941.

A Fundación é a entidade titular de todo o Colexio e as Irmáns 'Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul', actúan en calidade de administradoras do Colexio.





Onde estamos

O Colexio 'Casa de la Virgen' está ubicado na pontevedresa Vila de Cangas do Morrazo.

O Concello de Cangas está situado na marxe norte da ría de Vigo e ten unha extensión de 38 kms cuadrados cunha poboación de 24.147 habitantes repartidos nas súas 5 parroquias: Aldán, Hío, Coiro, Cangas e Darbo.

O nome de Cangas aparece por primeira vez na historia nun documento de 1160 no que o mesmo rei Fernando II dona a herdanza de Cangas, situada na ribeira do mar, a un tal Varela, presuntamente Cabaleiro.

A nosa localidade comeza a ser citada como vila a partir do século XVI, cando se remata a Igrexa que pasaría a ser colexiata a partir de 1545. Nese momento constrúense outros importantes edificios como o Hospital e configúranse como cabeza da Xurisdicción do Morrazo.

A vila goza dun clima excepcional de tipo oceánico, húmido, con invernos moi suaves e veráns secos e cálidos. Testimonio disto é a temperatura media anual que alcanza os 16º C; sendo a temperatura media en xaneiro entre 10 e 12º C, e nos meses de verán entre 20 e 22º [Predición meteorolóxica a 7 días]



Situación do Colexio:  42º15'40''N    8º45'57''W


Enderezos




Colexio de Cangas
Rodeira, 12
36940 Cangas (Pontevedra)
Tfno.: 986 39 23 13     Fax: 986 39 23 12
cpr.casadelavirgenedu.xunta.es
Web do Colexio de Madrid


Sede e Colexio de Madrid
C/ Virgen del Val 1
28027 Madrid
Tfno.: 91 404 17 86     Fax: 91 326 90 87
www.casavirgen.org       admincasavirgen.org



Colexio de Palmones
C/ Almadraba s/n
11379 Palmones-Los Barrios (Cádiz)
Tfno. e Fax: 956 67 76 57
palmonescasavirgen.org

 

subir




.