Obxectivos | Campañas | J.V.M. | Actividades | Celebracións

O labor educativo do noso Centro fundaméntase no espirito cristián. Intentaremos dar unha formación íntegra, para a vida, pero centrada na dimensión da fe. A vida de estudo e traballo no colexio, na familia, no desenvolvemento da personalidade do/a alumno/a ten a súa base nesta dimensión. A maduración no compromiso cristián é progresiva.


Obxectivos

Criticar a sociedade actual dende o Evanxeo para contribuír a mellorala.
Suscitar o compromiso social, ante a inxustiza, motivando a solidariedade e axuda aos máis débiles, marxinados e todo tipo de axuda ós máis necesitados.
Suscitar interrogantes do sentido da vida no home e no seu contorno.
Centrar modelos de condutas en relación cuns principios e actitudes ético-relixiosas.
Fomentar a devoción Mariana segundo a doutrina da Igrexa e a do noso Carácter Propio transmitida polos Fundadores.
Educar no compromiso solidario ó estilo de Xesús.
Educar na primacía do ser sobre o ter.

Para conseguir os distintos obxectivos contamos con:

Clase de Relixión.
A educación en valores.
A convivencia cos compañeiros/as e as relacións de todos os membros da comunidade educativa.
Celebracións.
Campañas.
O grupo de J.M.V. ( Juventudes Marianas Vicencianas)
Catequese para a primeira Comuñón.
Catequese para a Confirmación.
Grupos de Gesto onde se leva a cabo a formación misioneira.

E todo isto, convencidos da importancia que ten o testemuño da vida, que se aprende máis polo que se vive que polo que se escoita.

Cada mañá os/as alumnos/as comezan as súas clases cunha breve reflexión e oración, dirixida polos seus titores en torno ós difentes valores humanos e cristiáns.


Campañas

Domund, Santa Infancia e o día da Fame.
O obxectivo das Campañas é a sensibilización dos alumnos/as nas distintas clases de pobrezas.
Mes de maio, mes de María. Adícase a fomentar a devoción á Virxe.
Celebración da Eucaristía por Ciclos.
Charlas de formación por Ciclos.


J.M.V.(Juventudes Marianas Vicencianas)

Este movemento naceu do desexo manifestado pola Virxe nas súas aparicións a unha Filla da Caridade chamada Catalina Labouré no ano 1830.

Notas que definen á J.V.M

1. CATECUMENAL: dar relevancia ó estilo de vida propio baseado nos valores humanos e cristiáns.
2. ECLESIAL: favorece-la participación eclesial, integrándose nos equipos pastorais das parroquias.
3. MARIANA:tomar a María como modelo da constancia na súa opción da vida.Vivi-la coherencia da vida expresándoa nos xestos concretos.
4. VICENCIANA: San Vicente de Paul adicou a súa vida ós máis pobres. Tratamos de inculcarlles as diversas pobrezas que hai no mundo actual.
5. MISIONEIRA:esta nota ten moito atractivo para os xoves de hoxe en día.


Actividades

Estes grupos participan en reunións semanais, nas convivencias cos alumnos dos nosos Colexios de Galicia.
Nos campamentos de Verán: Tui (Pontevedra) e A Mata (León).
Encontros Nacionais, etc…
O seu principal obxectivo: vivir a fe para facer presente o Evanxeo en tódolos ámbitos da vida.


Celebracións

Teñen unha parte relixiosa e outra lúdica.
Participan con Oración e reflexión na capela á entrada.
Nos recreos teñen xogos dirixidos polos profesores.
Todas están incluídas no horario escolar.
San Vicente de Paul( fundador) 27 de setembro
A Virxe Milagrosa o 27 de novembro. Reparto das medallas da Virxe Milgrosa a todos os alumnos/as.
Día da Paz o 30 de xaneiro.
Santa Luisa de Marillac (Cofundadora) o 15 de marzo.

 

subir




.