Na proposta pedagóxica pretendemos fomentar unha boa organización do traballo a través dun seguimento personalizado dos alumnos, coa colaboración do Departamento de Orientación, mediante proxectos innovadores o Plurilingüismo, a Educación Emocional en infantil, a Aprendizaxe Cooperativa a tódolos niveis, o traballo con Tablets en 3º EP, os proxectos de Mediación entre iguais, o proxecto Abalar e Aprendizaxe Servizo na ESO, e o noso proxecto común, este ano coa temática “O Servizo”.


Proxecto Abalar

aula AbalarAbalar é un proxecto da Consellería de Educación e Orientación Universitaria para a integración plena das Tecnoloxías da Información e Comunicación na práctica educativa en Galicia.

Pretende a modernización e mellora da educación coa finalidade de que todo o alumnado ao completar a súa formación alcance a “Competencia Dixital” que implica tanto o dominio das TICs como o seu uso seguro e crítico.

Ler máis

Proxecto educativo con tablets - 3º E.P.

Vivimos nunha sociedade de cambios moi rápidos. A forma de comunicarnos está cambiando, así como a forma de buscar a información e a forma de vivir. As novas tecnoloxías forman parte das nosas vidas. Así que está claro que tamén ten que cambiar a forma de aprender.

No noso centro apostamos por este cambio e estamos introducindo as tecnoloxías nas nosas aulas, como  os encerados dixitais, tablets ou portátiles.Ao final do curso pasado na clase de 3º E.P. participamos nun proxecto educativo colaborativo de  integración de tablets na aula "Con Vigo tablets", a experiencia foi moi interesante, tanto para a profesora como para os alumnos que gozaron do que aprendían ao longo destes días. Podedes ver algúns dos traballos realizados no seguinte enlace.

Este ano seguimos apostando por este traballo en grupo e polas novas tecnoloxías. No curso de 3º E.P. estase a realizar un proxecto innovador cos alumnos, introducindo o uso das tablets na súa aprendizaxe, levando a cabo diferentes proxectos mediante Aprendizaxe Cooperativo. Trátase de aprender creando.

Os obxectivos finais a acadar con este proxecto innovador son:

- Aprender a buscar información por se mesmos, sen axuda da profesora.
- Elaborar os seus propios traballos coa información recollida utilizando varias apps.
- Aprender a gardar e enviar os seus traballos electrónicamente (a un blog de grupos).
- Valorar a importancia do traballo en grupo (Cumprindo coas nosas funcións, a importancia de cada membro dentro do equipo, o traballo é responsabilidade de todos, todos debemos aportar algo, axudar ao compañeiro que o necesite e cumprir os prazos de entrega).


Proxecto de Mediación entre Iguais en 1º e 2º  de ESO.

Na nosa sociedade, a diario vemos condutas agresivas e situacións de violencia. A escola está inmersa na sociedade e, polo tanto, ás veces se reflicten este tipo de condutas.

O profesorado do noso centro ten a firme convicción de que se debe de tratar de intervir nestes aspectos para lograr que o noso alumnado aprenda a solucionar os conflitos que lle poidan xurdir, de forma pacífica e con carácter dialogante.

Finalidade e obxectivo:
A finalidade que se persegue é mellora-la convivencia e a prevención de conflitos no curso de 1º de ESO empregando a figura dos mediadores de aula. O obxectivo é formar a todo o alumnado de este curso para que aprenda a exercer como mediador cando xurda algún conflito no seu entorno.

Fases do proxecto:
1.- Presentación do proxecto.
2.- Afianzamento das relacións entre os nenos do grupo.
3.- Coñecemento dos diferentes estilos de respota existentes.
4.- Afondamento nas diferentes emocións existentes.
4.- Coñecemento do conflito.
5.- Figura dos mediadores escolares. Funcións. Procedemento de mediación.
6.- Avaliación.

Temporalización: Na primeira avaliación levarase a cabo a parte teórica. No segundo trimestre procederase á súa posta en marcha e a avaliación será no terceiro trimestre.

Plurilingüismo

As linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade. É por iso que, ademáis da normalización lingüística, onde se garante a igualdade do galego e o castelán, o centro ten autorizadas Seccións Bilingües en lingua inglesa, na materia de Expresión Plástica (Arts and Crafts) nos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Arts and crafts

Os obxectivos son:
- Lograr un coñecemento profundo da lingua inglesa de xeito natural e dende os primeiros momentos da aprendizaxe, desenvolvendo a competencia comunicativa do alumnado en inglés, utilizándoo como lingua vehicular habitual na aula e creando situacións reais de comunicación.
- Lograr o dominio das catro habilidades que caracterizan a aprendizaxe dunha lingua: comprensión e expresión oral, comprensión e expresión escrita, ademáis da interacción oral.
- Coñecer e aprender os aspectos fundamentais que caracterizan a sociedade dos países de cultura anglosaxona, valorando o coñecemento doutras sociedades e culturas a través do uso da lingua inglesa, facendo posible o achegamento entre os cidadáns doutros países.



Aprendizaxe e servizo

Dende o curso 2015/2016 o Departamento de Linguas, implantou para os alumnos de ESO na materia de Lingua Inglesa, unha nova metodoloxía educativa que combina o currículo académico co servizo comunitario.
Este método une o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores (pretendemos que os nosos alumnos aprendan a ser competentes sendo útiles a compañeiros doutros cursos).
Axudar aos demais é un dos métodos de aprendizaxe máis eficaz porque os alumnos atopan sentido ao que estudan cando aplican os seus coñecementos e habilidades nunha práctica solidaria.

Na práctica lévase a cabo da seguinte forma: un alumno de 3 º ou 4 º de ESO convértese en “titor” dun alumno de 1 º ou 2 º de ESO que presente dificultades na materia, axudándolle no seguimento da mesma en horario extraescolar. Os alumnos “titorizados” benefícianse dunhas “clases particulares” ofrecidas por compañeiros con todos os beneficios que iso conleva, mentres que os “titores”, ademais do enriquecimiento persoal obteñen unha recompensa numérica na nota da súa avaliación.

Máis fotos

 

Proxecto común “O Servizo ”

Este curso académico estase a levar a cabo un proxecto común, promulgado polo Equipo de Innovación Educativa e levado a cabo polo claustro de profesores chamado "O Servizo".

Este proxecto pretende ser un traballo interdisciplinar, promovendo un traballo cooperativo na aula, que implica a todos os cursos do colexio e  todas as materias de cada curso.

Proxectos anos anteriores

Curso 2015/2016_ Países do Mundo

Curso 2016/2017_ A Historia

 

   



 
subir