O Colexio
Secretaría
Servizos






 
 

O noso traballo

O Traballo deste departamento está orientado a apoiar a calidade educativa, fomentando actividades que contribuan ao coñecemento, seguimento e asesoramento do alumno, dende a dimensión psicopedagóxica. Nesta liña enténdese a Orientación como un proceso global que integra aspectos relacionados co desenvolvemento persoal, cos procesos de ensino-aprendizaxe e que inclúen a toda a comunidade educativa do noso colexio.

O Departamento está constituído polo mestre especialista en audición e linguaxe Raimudo Santomé Martínez; a pedagoga e profesora de apoio de Educación Primaria Laura Martínez Durán; e a orientadora e psicóloga do centro Inmaculada Pérez Aparicio; baixo a supervisión da Xefatura de Estudos e do Equipo Directivo.

O traballo abrangue tres áreas:

1.— Orientación persoal
Tratando de formar alumnos con criterios e valores que saiban desenvolverse axeitadamente na súa vida persoal, familiar, académica e social. Traballando con eles na resolución de diferentes conflitos que se lles poida presentar.

2.— Orientación Educativa, vocacional e profesional
Colaborando na prevención e detección de dificultades de aprendezaxe: para isto ao longo do primeiro trimestre, os alumnos do primeiro curso de cada ciclo de Primaria e os alumnos de 1º e 4º de Secundaria, realizan unhas probas psicopedagóxicas que nos serven de punto de partida para comezar a tomar decisións no equipo.

3.— Atención a familias
Neste ámbito o departamento trata de promover a cooperación entre o colexio e as familias incidindo especialmente no relativo a comunicación pais-fillos, motivación, toma de decisións, disciplina, mellora do rendemento e asesoramento na solución de conflitos de natureza persoal ou familiar. As familias que desexe unha consulta personalizada sempre poden solicitar unha entrevista con calquera dos compoñentes do equipo, previa concertación de cita.

En liñas xerais o apoio aos procesos de ensinanza integral son o ámbito de intervención prioritaria deste departamento, xa que son as necesidades a atender neste ámbito as que sutifican por si mesmas a existencia do mesmo.



Escola de Pais/Nais

Unha vez máis o departamento de orientación do colexio Casa de la Virgen pon en marcha a escola de Pais e Nais. Aquí tedes a programación para o curso 2017/2018:

30 novembro 2017_ "Sobreestimulación en nenos de Educación Infantil"

8 febreiro 2018_ "Como facer que as cousas melloren. Autoridade/disciplina en Educación Primaria: Parte II"

10 maio 2018_ "¿En qué pensan os adolescentes?"




Descargas de presentacións anteriores

Curso 2016/17_ 01_ Autonomía e hábitos saudables para Educación Infantil
Curso 2016/17_ 02_ Como facer que as cousas funcionen. ¿Falamos de autoridade e disciplina?
Curso 2016/17_ 03_ Itinerarios en 3º y 4º ESO con la LOMCE
Curso 2015/16_ 01_ Como ayudar a adquirir hábitos de estudio


Obradoiros Educación Primaria Curso 2017-2018

Como moitos xa saberedes, durante o curso pasado o Departamento Orientación puxo en marcha, en Educación Infantil, uns obradoiros nos que os nosos alumnos máis cativos poderían aprender a mellorar en distintos aspectos. Podedes ver neste enlace en qué consistían eses obradoiros.

Coma novidade para este curso 2017/18, a iniciativa extenderase tamén ó 1º curso de Educación Primaria. En vindeiras datas anunciaremos en qué van a consistir.

 

subir




.