Infantil



Primaria












Secundaria





Blog Alberto Bachillerato



Outros



 

Save The Children

 
ADMISIÓN DE ALUMNOS 2018/2019: Aberto o prazo para 1º e 2º de Bacharelato ata completar prazas.

Enlaces a documentos relacionados:
_ admisión_folleto_publicidade
_ admisión_nota_informativa_documentación
_ admisión_bachillerato_ccv
_ admisión_modelo_solicitude_xeral
_ admisión_modelo_solicitude_bacharelato
_ admisión_prazos
_ admisión_oferta_de_prazas

PLURILINGÜISMO
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a ORDE do 16 de outubro de 2017 pola que se autorizan novos centros plurilingües.

Así o noso centro incorpórase á Rede de Centros Plurilingües da Xunta de Galicia. O proxecto presentado de plurilingüismo é na área de Educación Plástica na lingua inglesa (Educación Primaria).

Este ano, como novidade, o centro conta cun Auxiliar de Conversa nativo para tódolos cursos, dende Educación Infantil ata Bacharelato.


(15/05/2018)
Visita de 5º e 6º de E.P. á cidade da Coruña

O pasado martes 15 de maio os alumnos de 5º e 6º de EP realizaron a súa excursión de fin de curso á cidade da Coruña.

O noso colexio participa no programa Prensa Escuela,  por esta razón visitaron en Arteixo, as instalacións de La Voz de Galicia: a redacción, o almacén de papel, a sala de impresión e a rotativa, ademáis dun largo etc. que lles permitiu coñecer máis de preto o proceso productivo dun periódico.

Finalmente visitamos o Museo Fdez Latorre (fundador do periódico) no que hai uns 5000 exemplares de periódicos e revistas e unhas 38 máquinas de producción.

Xa na Domus, participamos nunha proxección de cine en formato IMAX ademáis de visitar o interesante museo adicado de xeito global e monográfico ao ser humano.


(9/05/2018)
Celebración do Día de Santa Luisa de Marillac

O pasado martes 9 de maio, celebramos no noso colexio o Día de Sta Luisa de Marillac, fundadora da Compañía de “Las Hijas de la Caridad”.

Os alumnos de Infantil e Primaria participaron conxuntamente nun acto no que non faltaron poemas, frases alusivas á Santa, carteis feitos polos nenos, colgantes, etc. Todo isto nun ambiente lúdico e festivo propio dunha data tan especial para nós coma esta.


Galería imaxes


(8-11/05/2018)
Viaxe Fin de curso 4º ESO a Madrid

Os alumnos de 4º ESO levaron a cabo a tradicional Excursión de Fin de Curso e Etapa, este ano a Madrid.

Do 8 ao 11 de maio visitarán a Biblioteca Nacional;  ruta panorámica con guía polos principais lugares da capital: Gran Vía, Paseo da Castellana, Parque do Retiro, Porta de Alcalá e Porta do Sol; Museo do Prado e demáis centros de interese cultural. 

As actividades lúdicas tamén tiveron cabida no itinerario programado, como o musical Billy Elliot, Parque Warner, Hard Rock Café ou o Tour Estadio Santiago Bernabeu.
Deixámosvos fotos da saída.

Galería imaxes


(26/04/2018)
Olimpíada Matemática Galega 2018

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas, o noso centro participa na Olimpiada Matemática organizada por AGAPEMA, para o alumnado que cursa 2º da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este ano celebrouse o pasado 26 de abril no IES do Castro e os dous alumnos de 2º ESO que nos representaron foron José Manuel Delgado Chapela e Brais Juncal Blanco.



(23/04/2018)
Día do Libro 2018

Día do Libro 2018O pasado luns 23 de abril, celebramos no noso centro o Día do Libro.

Como xa ven sendo habitual nestes últimos anos, entregamos os diplomas e agasallos aos alumnos/-as máis lectores/-as dende 3º a 6º de Educación Primaria.

En tódalas etapas educativas, os profesores de linguas, realizaron actividades relacionadas con este día como lecturas colectivas, elaboracións de marcapáxinas, lecturas de contos e poemas elaborados polos alumnos, exposicións de traballos sobre os seus libros favoritos, etc...


(9/04-16/04/2018)
VII Semana da Ciencia

Un ano máis celebramos a Semana da Ciencia esperada por tódolos alumnos/as do noso centro.

Por quendas, tódolos alumnos/as do colexio visitaron a exposición cos traballos de ciencias feitos por diferentes alumnos/as do colexio, onde puideron ver os seguintes proxectos e experiencias: O ciclo da auga, Un termómetro caseiro, A auga move a rodaAs capas da terraFototropismo das plantas, O poder do triángulo, A electricidade nas vivendas, A illa de plástico e A erosión do chan.

Ademáis o venres 13 e luns 16 visitarán o laboratorio, alí  atoparanse cos alumnos de 2º e 3º da ESO, que lles realizarán as experiencias Mellor deformable ca ríxido e O aceite ingrávido.

Por outro lado, tódolos cursos dende 5º de primaria ata bacharelato acudiron a unha ou varias das charlas de ciencias que tiveron lugar no auditorio de Cangas, sendo Ángel Carracedo quen as inaugurou o impartir a primeira delas. Ademáis nesas charlas tiveron lugar as entregas dos premios do concurso de carteis, nos que foron galardoados os nosos alumnos Juan Fontán e Carmen Fraga. Noraboa a ámbolos dous.

Galería imaxes


(8/04-13/04/2018)

Inmersión lingüística en París de 4º ESO e 1º Bacharelato

Intercambio ParísDentro do noso proxecto plurilingüe, este curso iniciamos un programa de inmersión lingüística en francés co colexio Sainte Jeanne – Elisabeth de París.

Os alumnos de 4º ESO e Bacharelato, durante este semana convivirán coas familias dos alumnos deste colexio, asistirán ás súas clases e visitarán os lugares máis destacados de París (Capilla da Virxe Milagrosa, Notre Dame, Torre Eiffel, Arco de Triunfo, Campos Elíseos,...).

No seguinte enlace podedes ver o vídeo que fixeron os alumnos de francés de bacharelato para presentarlles o noso colexio os seus compañeiros franceses.

Iremos actualizando diariamente as fotos e deixámosvos neste enlace o planning semanal.

Galería imaxes


(03/04/2018)
Concurso de carteis da VII Semana das Ciencias

Gañador concurso carteis categoría BComo cada ano convocouse un concurso para buscar o cartel que sería a imaxe  da VII Semana das Ciencias.  A convocatoria tivo dúas categorías: A, para os alumnos de 3º a 6º de primaria e B, para os alumnos de secundaria e bacharelato.

Este ano acadouse unha altísima participación cun total de 39 traballos presentados; 11 na categoría A, 25 na categoría B e 3 descalificados por non cumprir as bases.
O concurso daba acceso o mesmo concurso a nivel municipal, e os gañadores foron, tanto no colexio coma no concello os mesmos, sendo:
       Na categoría A, Carmen Fraga Sobreira de 6º de EP.
       Na categoría B, Juan Fontán Piñeiro de 3º da ESO.

De entre os dous, o de Juan será a imaxe da VII Semana das Ciencias no noso colexio. A nivel municipal comparte galardón co cartel dunha alumna do Colexio Sagrada Familia. Noraboa a Carmen e Juan.

No vídeo podedes ver todos os carteis presentados.


(21/03/2018)

Charla Plan Director II: “Perigos na rede” para 5º e 6º Educación Primaria

Os alumnos de 5º e 6º Educación Primaria tiveron o pasado mércores 21 de marzo unha charla, dentro do Plan Director da “Guardia Civil”, coa temática: “Os perigos na rede”.

Os axentes da “Guardia Civil” informaron da idade necesaria para poder ter unha conta en Redes Sociais, e que polo tanto, só a poderán ter cando os seus pais ou titores o consintan expresamente. Orientóuselle en relación ao uso das redes, explicacións de posibles consecuencias, rastrexo de imaxes en internet ou información excesiva que podemos ofrecer de maneira involuntaria que pode ter efectos indesexados.

Tamén se informou aos alumnos do modo de actuar a carón da protección dos seus datos, recomendándolles o aviso aos seus familiares directos ante calqueira sospeita de acoso ou interés excesivo no seu perfil.


(19/03/2018)

Charla da Policía Local

Visita policía localOs alumnos de Educación Infantil recibiron a visita da Policía Local de Cangas. Esta actividade  está dentro do noso Proxecto Interdisciplinar Anual que  se está levando a cabo en tódalas aulas co título: "Os servizos no Morrazo".

O proxecto dos alumnos de infantil é o servizo á ciudadanía da policía, co que todos agardaron aos axentes vestidos cos  seus disfraces de policía. Con esta charla puideron coñecer as normas sobre as súas sillas de retención e os cintos de seguridade nos coches, o proceso de activación dunha emerxencia, ademáis de probar os chalecos antibalas, a sirena  e a emisora do coche.  

Galería imaxes


(16/03/2018)
Visita de 3º- 4º E.P. a Vigo o parque de bombeiros de Teis

Visita bomberos TeisEste venres 16 de marzo, 3º e 4º de E.P. visitamos o Parque de Bombeiros de Teis, para coñecer de cerca como é o seu traballo.
Primeiro leváronnos a visitar o seu ximnasio, lugar esencial para o seu adestramento.  Agora sabemos, que cada día, dedican 2 h á actividade física para estar fortes cando teñen que realizar unha saída de emerxencia e non poñerse en perigo.
Tamén explicáronnos as diferentes labores que realizan a comunidade de veciños coma: apagar incendios, excarcelación de persoas nun accidente de tráfico, rescates acuáticos, axuda cando se producen inundacións, caída de árbores, etc. Ademais axudan e rescatan animais.
Ensináronnos os diferentes traxes que usan dependendo se: van a apagar un lume nun edificio, quitar un niño de avespas velutinas, saída en caso de inundación, incendio forestal, etc. Todos están feitos de materiais especiais que os protexen. Tamén puidemos observar que levan no camión que utilizan nos seus desprazamentos.
Por último  deixaron, por petición de todos os asistentes, baixar pola barra que utilizan cando se atopan na planta superior para chegar o máis rápido posible a zona onde están os camións e a roupa.
Podedes visualizar unha mostra da saída no seguinte VÍDEO .


(14/03/2018)
Celebración do día Pi, Día das Matemáticas

Día Pi Raíz cuadrada O pasado 14 de marzo, celebramos no colexio o Día das Matemáticas. ¿Por qué esa data? Pois porque foi un americano en 1988 quen tivo a idea orixinal de instaurar este día, e como as 3 primeiras cifras do número Pi son 3'14 e eles escriben as datas así ...3/14...

Engalanamos o acceso do colexio con acertixos matemáticos para que chegásedes coas neuronas activadas... e os pais se fosen con algún que outro quebradeiro de cabeza.

Durante ese día fixéronse gymkanas nas clases. Os alumnos repartidos en grupos de 4 tiñan que solucionar distintos problemas, e despois de resolver cada un debían representar un símbolo matemático ou unha figura xeométrica. Nos seguintes enlaces podedes ver as gymkanas de 3º e 4º de primaria.

Gymkana 3º E.P. _______ Gymkana 4º E.P.

Como broche final, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria asistiron a un espectáculo de Matemaxia a cargo do Mago Paco, que lles ensinou algúns trucos de maxia relacionados coas matemáticas e tamén a súa explicación, coma por exemplo como adiviñar un número. Foi unha actividade moi interesante na que os alumnos gozaron e aprenderon moito.

Galería imaxes


(23/02/2018)

Boliño Solidario

Boliño solidarioO pasado 23 de febreiro participamos, un ano máis, nunha xornada solidaria en favor de Manos Unidas, ONG que traballa en prol dun mundo máis xusto e solidario.

No cole foi un día especial; xogamos, cantamos e, sobre todo, divertímonos.

Como símbolo, o boliño representa ese alimento que para algunhas persoas equivale á súa única comida ao día e o non poder elixir. Nas xornadas previas de sensibilización, falamos sobre a sorte que temos de decidir o que queremos comer e, en moitas ocasións escoitamos "iso non me gusta". Ese privilexio está vetado en moitos lugares do mundo, e, este día os recordamos.

Xa no patio, os xogos foron do máis variado: xogamos aos aros con música, globos por parella, á saltar á corda, paseos con zancos de lata, pelexás de titáns, etc, pero o xogo estrela foi o bimgo solidario, donde, para poder acadar o obxectivo, necesitamos á colaboración dos demais. Seguro que o ano que ven, repetimos.

Entre todos, recadamos 250,30 euros. Desde o Departamento de Pastoral agradecemos ás familias toda a colaboración recibida.

Galería imaxes

Horarios

Horario de clases, titorías, secretaría e dirección.
Calendario

Calendario escolar para o curso 2017/18.

Comedor

Xa podedes consultar o menú deste mes.
Bo proveito!

Plan Madruga

A Dirección do centro oferta o servizo de Plan Madruga dende as 8:00 h ata a hora de entrada a clase, sendo atendidos os alumnos por profesores do centro.
Faltas de asistencia

Todas as faltas de asistencia dos alumnos/as deberán xustificarse debidamente mediante a entrega do seguinte modelo ós titores correspondentes.





Última actualización da web: 19.05.2018 - 13:10
       
 

subir

[1]
[2] [3]


Aviso legal │ Fundación Benéfico-Docente Casa de la Virgen │ Rúa Virgen del Val, 1 Madrid │ 28027 Madrid │ CIF: G286950