Infantil



Primaria












Secundaria





Blog Alberto Bachillerato



Outros


 

Save The Children

 
"ADMISIÓN DE ALUMNOS BACHARELATO CURSO 2019/2020: Prazo aberto ata completar prazas "


Apúntate no 986392313 ou no cpr.casadelavirgen@edu.xunta.es





(01-05/04/19)
VIII Semana da Ciencia

Un ano máis celebramos a semana da ciencia esperada por tódolos alumnos/as do noso centro.

En primeiro lugar os alumnos do colexio desde 3º E.P. ata bacharelato participaron no concurso de carteis para este evento. O debuxo gañador foi a imaxe para anunciar tódalas actividades que se estiveron realizando durante esa semana no noso colexio.
Todos os debuxos participantes foron expostos na aula de exposicións de ciencias.
Neste vídeo podedes observar os traballos presentados para este fin.

Por quendas, tódolos alumnos/as do colexio visitaron o laboratorio, alí atopáronse cos maiores de 2º e 4º da ESO, que lles amosaron distintas experiencias científicas.
Por outro lado visitaron a exposición de Ciencias cos traballos feitos por diferentes alumnos/as do colexio, onde puideron ver proxectos e experiencias de varios cursos de primaria e ESO.

 

(14/03/2019)
Celebración do día Pi, Día das Matemáticas

O pasado 14 de marzo, celebramos no colexio o Día das Matemáticas. Foi un americano en 1988 quen tivo a idea orixinal de instaurar este día, e como as 3 primeiras cifras do número Pi son 3'14 e eles escriben as datas así ...3/14... pois de aí vén o día da celebración. Engalanamos o acceso do colexio con acertixos matemáticos para que chegásedes coas neuronas activadas... e os pais se fosen con algún que outro quebradeiro de cabeza.

Durante ese día fixéronse gymkanas nas clases e no patio. Os alumnos repartidos en grupos de 4 tiñan que solucionar distintos problemas, e despois de resolver cada un debían representar un símbolo matemático ou unha figura xeométrica.

Como broche final, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria asistiron a un espectáculo de Matemaxia a cargo do MagoPaco que lles ensinou algúns trucos de maxia relacionados coas matemáticas e tamén a súa explicación, coma por exemplo como adiviñar un número. Foi unha actividade moi interesante na que os alumnos gozaron e aprenderon moito.

 

(01/03/19)
Entroido 2019

O venres 1 de marzo celebramos o festival de Entroido organizado polo claustro de profesores en colaboración coa ANPA A Patela, coa temática a "A Música", o noso proxecto interdisciplinar anual.

Os alumnos e familiares puideron desfrutar dos desfilles, os Photocalls e degustar os postres típicos do entroido. Deixámosvos unhas fotos deste fermoso día.




(06/02/19)
1º Premio do Certame de Beléns do Concello

O pasado 6 de febreiro na Casa da Xuventude de Cangas entregáronse os premios do Certame de Beléns que organizou, como todos os anos o concello.

Nesta edición os nosos alumnos de 3º de ESO presentaron catro beléns e conseguiron o primeiro premio co Belén do outono.

Moi bo traballo e... Noraboa!

(08/02/19)
Enredados co boliño solidario

O pasado venres 8 de febreiro celebramos o día do Boliño solidario. Foi unha xornada marcada pola solaridade a través do xogo, a diversión e o compañerismo, tendo sempre presente a sorte que temos e que outros rapaces e rapazas non teñen.

Por iso colaboramos con Mans Unidas, para que se escoite a voz dos nosos irmáns e irmás máis necesitados. A recadación, grazas a axuda das familias e persoal do centro, foi de 250 euros. 

Os xogos foron moi ben acollidos polos nenos e nenas de todos os cursos, deixando instantáneas preciosas, pois o tempo tamén acompañou durante toda a xornada. Seguro que esas pegadas tamén quedaron no seu corazón.

(15-22/02/19)
Intercambio lingüístico e cultural Hispano-Francés_2ª Fase


Na semana do 15 ao 22 de febreiro levamos a cabo a segunda fase do intercambio lingüístico e cultural Hispano - Francés entre o noso centro o o colexio Saint Jeanne Elisabeth de París.

Os alumnos franceses, ao igual que fixeron os nosos en novembro, conviviron ao longo da semana coas familias dos seus correspondentes, asistiron ás clases no noso centro e visitaron os lugares máis interesantes da zona.

Deixámovos fotografías do intercambio en Cangas e o planning semanal.


(21/12/18)
Recadación de comida e xoguetes

O pasado venres 21 de decembro levamos a cabo a Operación Kilo, a recollida de alimentos e xoguetes para os máis necesitados.

Grazas á colaboración das familias do centro poidemos entregar a Cáritas Cangas unha importante cantidade de alimentos e xoguetes para o reparto entre as familias mási necesitadas do Morrazo.

Dende a directiva de Cáritas agradecen ás familias do colexio a súa colaboración e informan que aquelas persoas que queiran doar alimentos, principalmente leite, poden facelo de luns a xoves de 17:00 a 19:00 h.

E por outra banda, o martes 18, os alumnos de secundaria visitaron o comedor social de Cangas, levando cada un deles os alimentos que trouxeron das súas casas para doar, aportando así o seu gran de area nestas datas tan especiais.

Moitas grazas a todos.


(21/12/18)

Visita dos Reis Magos e Festa de Fin de Ano

Dentro das moitas actividades do Nadal, destacamos a visita dos Reis Magos e a Festa de Fin de Ano, organizado pola ANPA A Patela en colaboración coa dirección do centro.

Así, as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitaron o noso centro para recoller as cartas coas peticións dos alumnos de infantil e primaria repartindo caramelos e ilusión a tódolos alumnos.

En canto á Festa de Fin de Ano, todos os alumnos do colexio asistiron á mesma, cunha vestimenta formal, garabatas, paxaritas, vestidos longos, e o tradicional cotillón, bailaron e tomaron as “uvas” ao ritmo das badaladas.








       
 

subir

[1] [2] [3]


Política privacidade │ Aviso legal │ Fundación Benéfico-Docente Casa de la Virgen │ Rúa Virgen del Val, 1 Madrid │ 28027 Madrid │ CIF: G286950