Escola de Pais


Como xa sabedes este ano puxemos en marcha una ESCOLA DE PAIS no noso colexio. Dada a boa acollida que tivemos, creáronse dous grupos de traballo reuníndonos unha vez ao mes e tendo a mesma temática en cada un deles. Os grupos non son pechados, polo que aquela familia que esté interesada nalgún tema en particular poderá asistir ao grupo que desexe.


Circular de Ed. Infantil

administración de medicamentos


Na reunión de inicio de curso acordouse que, despois de tratar certos temas organizativos do centro, se informaría mediante unha circular das correspondentes decisións:

• MERENDA
Con respecto á merenda de mediamañá, comprendemos as necesidades de certos alumnos/as e polo tanto permítese traer luns, mércores e venres unha peza de froita (preparada para tomar) e martes e xoves un lácteo (bebible ou quesito).
Non está permitido traer bollería industrial.
Estes alimentos deben vir nunha pequena bolsa de merenda debidamente marcada e con cintas para poder colgala no perchero da aula.

• MEDICAMENTOS
No que se refire a administración de medicamentos debemos evitar que as tomas coíncidan co horario escolar.
Se excepcionalmente houbera que administrar medicación os requisitos serían os sinalados na Circular.

Poden descargar aquí o contido íntegro da Circular e da autorización para a administración de medicamentos [.pdf]

Equipo de Ed. Infantil e Dirección
Outubro 2011


Uniforme


O uniforme do colexio é obrigatório a partir de 5º de Educación Infantil (4 anos) e por respecto a todos non pode ser á conveniencia de cada un:

Nenos

Ppantalón azul mariño de tergal (non vaqueiro, non loneta, non pana, non pitillo), camisa ou polo branco, xersei ou chaqueta azul mariño, zapatos azuis ou negros e calcetíns azuis.

Nenas

Saia ou pantalón azul mariño de tergal (non vaqueiro, non loneta, non pana, non pantalón pitillo), camisa ou polo branco, xersei ou chaqueta azul mariño, zapatos azuis ou negros e calcetíns azuis. Aquelas alumnas que teñan o pichi poden seguir utilizándoo

Ver Circular sobre o uniforme do Colexio [.pdf]

 

 

 

 

subir




.