Infantil



Primaria












Secundaria





Blog Alberto Bachillerato



Outros


 

Save The Children

 
REUNIÓN informativa sobre o TRASLADO DAS HERMANAS o vindeiro sábado 31 de agosto as 12:00 h

Enlace á Carta do presidente da Fundación Isidoro Ángeles Ventura


"ADMISIÓN DE ALUMNOS BACHARELATO CURSO 2019/2020: Prazo aberto ata completar prazas "

Apúntate no 986392313 ou no cpr.casadelavirgen@edu.xunta.es


Calendario exames setembro 2019

No enlace podedes descargar o calendario de exames de setembro


100% de aprobados na ABAU

Este ano presentouse a primeira promoción do noso centro á Avaliación de Bacharelato de Acceso á Universidade (ABAU), cun resultado dun 100% de aprobados. Noraboa a todos.


(26/06/19)

Graduación 4º ESO

O pasado 26 de xuño tivo lugar a graduación dos alumnos de 4º da ESO, un emotivo acto cheo de consellos e bos desexos cara o futuro que lles espera a estes alumnos. Por outro lado, eles tamén foron quen de agradecer a tódolos profesores pola súa dedicación e interese durante todos estes anos de traballo en conxunto. Moito ánimo e próspero futuro a todos!




(21/06/19)
Festa Fin de curso da Anpa

O venres 21 de xuño, como último día lectivo, celebramos a Festa de Fin de Curso, organizada pola ANPA, para tódolos alumnos de Infantil e Primaria.
Houbo obradoiros de pintacaras, tatuaxes, globoflexia, xogos populares e animación musical.
Este ano como novidade os nenos e nenas puideron disfrutar dunha festa da espuma na que disfrutaron coma nunca.



(21/06/19)
Viaxe dos alumnos da ESO a Cíes

O día 21, como acto final deste ano escolar, desprazámonos en barco para gozar dunha xornada de convivencia entre os alumnos e alumnas dos diferentes niveis de Secundaria. Comezamos cunha ruta guiada á Pedra da Campá para continuar o día nos areais da praia con actividades diversas que continuaron mesmo dentro do barco na viaxe de volta.



(18/06/19)
Día da música e expresión corporal

O 20 de Xuño reunímonos todo o alumnado do Colexio Casa de la Virgen para despedir o curso 18-19. Cada curso aportou o seu gran de area en forma de cancións, teatro, bailes... e gozamos todos da festa á que tamén se uniron os alumnos de Bacharelato. 





(18/06/19)
Carreira solidaria

O departamento de Educación Física en colaboración co departamento de Pastoral do centro, organizaron a Carreira Solidaria Kilómetros de Solidariedade, da ONG Save the children.

Co lema "Polos dereitos da infancia, o evento é moito máis que unha actividade deportiva, permite traballar na defensa e promoción dos dereitos da infancia dentro e fora da aula.

A recaudación total foi 597,32 € destinados íntegramente á Save the Children. Grazas a todos pola vosa colaboración.


(15/06/19)
Graduación da I Promoción de Bacharelato

Eucaristía, discursos emotivos e vídeos nostálxicos,... o habitual nas graduacións de alumnos. Aínda que esta, con un valor moi especial, o de ser, nada máis e nada menos, que a graduación da I Promoción de Bacharelato do Colexio Casa de la Virgen. Noraboa e moita sorte chicos!!






(03/06/19)
Charla do CSIC para 3º e 4º da ESO

O luns 3 de xuño os nosos alumnos de 3º e 4º de ESO puideron gozar dos coñecementos e experiencia de Alberto Fereres, científico do Instituto de Ciencias Agrarias CSIC.

Esta actividade está integrada no proxecto Cidade Ciencia (coordinado polo CSIC co apoio de “A Caixa”), na que participamos desde fai catro anos.

A visita tiña como finalidade principal falarnos sobre os métodos de control integrado para o control de pragas e enfermidades dos cultivos, aínda que tamén atendeu á curiosidade dos alumnos en canto a como é o seu traballo como investigador. Preguntas como o número de persoas que forman o seu equipo de investigación, canto tempo dura unha investigación, si pode decidir o tema a investigar...


(28-30/05/19)

Clausura mes de Maio

Os pasados 28 e 30 de maio celebramos a clausura do mes de María. O alumnado de Primaria escenificou momentos importantes da vida de María e os de Secundaria celebrárono colaborando no deseño e execución de diferentes xogos. Ambos actos remataron cunha canción á virxe.






(31/05/19)
Excursión 1º e 2º de Primaria a Baiona e A Guarda

Os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria levaron a cabo a excursión de fin de curso a Baiona e A Guarda.

En Baiona visitaron a Virxe da Rocha e a Carabela Pinta. Na Guarda visitaron o monte de Santa Tegra, fixeron o Via Crucis ata os Castros e puideron desfrutar da comida e xogos no merendeiro do monte.









(16/05/19)
Letras Galegas 2019

Os alumnos do colexio este ano decidimos facer unha actividade diferente polo día das letras.
Cada curso amosoulles aos demais que eran capaces de facer en galego. Os máis pequeniños bailaron, cantaron e recitaron. Logo cada curso fixo algo diferente.... queres saber que?
Mira o vídeo e descobre as nosas habilidades en galego.
Sorprenderaste de todo o que sabemos facer na nosa lingua!!!!!



(13/05/19)
Readers Theater All-Preschool Performance

O luns 13 de maio, todos os alumnos de Educación Infantil participan na obra de teatro organizada pola Auxiliar de Conversación nativa, Alicia Foster, o Equipo de profesoras de Educación Infantil e o Departamento de Lingua Inglesa.

Neste enlace podedes ver o vídeo.









(6-10/05/19)
Viaxe Fin de Curso 4º ESO a Tenerife

Durante a semana do 6 de maio, os alumnos de 4º ESO levaron a cabo a excursión de Fin de Etapa, este ano a Tenerife.

Visitaron as Cañadas do Teide, o Puerto de la Cruz, o Loro Park e puideron desfrutar das atraccións do Parque Acuático Siam Park.









(23/04/2019)
Día do Libro 2019

O pasado mércores 23 de abril, celebramos no noso centro o Día do Libro.

Como xa ven sendo habitual nestes últimos anos, entregamos os diplomas e agasallos aos alumnos/-as máis lectores/-as dende 3º a 6º de Educación Primaria.

En tódalas etapas educativas, os profesores de linguas, realizaron actividades relacionadas con este día como lecturas colectivas, elaboracións de marcapáxinas, lecturas de contos e poemas elaborados polos alumnos, exposicións de traballos sobre os seus libros favoritos, etc...

Noraboa a todos os lectores e lectoras.

Horarios

Horario de clases, titorías, secretaría e dirección.
Calendario

Calendario escolar para o curso 2018/19.

Comedor

Xa podedes consultar o menú deste mes.
Bo proveito!

Plan Madruga

A Dirección do centro oferta o servizo de Plan Madruga dende as 8:00 h ata a hora de entrada a clase, sendo atendidos os alumnos por profesores do centro.
Faltas de asistencia

Todas as faltas de asistencia dos alumnos/as deberán xustificarse debidamente mediante a entrega do seguinte modelo ós titores correspondentes.





Última actualización da web: 28.08.2019 - 12:45
       
 

subir

[1] [2] [3]


Política privacidade │ Aviso legal │ Fundación Benéfico-Docente Casa de la Virgen │ Rúa Virgen del Val, 1 Madrid │ 28027 Madrid │ CIF: G286950