EDUCACIÓN INFANTIL 3 - 5 ANOS

Horario lectivo: De luns a venres de 9:30 a 12:45 e de 15:00 a 16:45 h.

– Educación emocional.

– Psicomotricidade.

– Obradoiros de estimulación da linguaxe, autonomía e habilidades sociais.

– Proxecto de hixiene bucodental.

– Proxecto común anual e aprendizaxe cooperativa.

– Atención temperá.

– Atención á Diversidade: Departamento de orientación, formado por Psicóloga-orientadora, Especialista en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica e dous profesores de reforzo educativo.

– Auxiliar de conversa nativo en lingua inglesa e materia de lingua inglesa.

Proxectos educativos en Educación Infantil

Este ano todo o 2º ciclo de Educación Infantil traballará co proxecto Sonrisas. Este é un proxecto que ten o seu pilar fundamental na educación emocional.

A educación emocional é indispensable no desenvolvemento cognitivo y no desenvolvemento integral da persoa, o obxetivo é facer persoas con coñecementos, pero capaces de recoñecer as súas emocións, seguras e confiadas, capaces de relacionarse de maneira axeitada co seu entorno.

Neste curso, 5º de Educación Infantil, fará tres proxectos relacionados cas fichas que imos traballar o longo de cada trimestre.

O primeiro proxecto farase o longo do primeiro trimestre, e ten como título “ O outono”.

O segundo proxecto leva como título “ Os oficios”, profesións dos nosos pais.

No terceiro trimestre “ O solo, plantas e sementes”, coincidindo coa chegada da primavera.

No curso de 6º de Educación Infantil levaránse a cabo dous proxectos relacionados coas fichas que traballaremos ao longo do curso:

– Os alimentos

– O Universo

Os alumnos deselvolverán diferentes estratexias de pensamento e terán ocasión de resolver unha serie de fichas do seu caderno de traballo vinculadas directamente co desenvolvemento dos proxectos. Todos rematarán cunha dinámica enfocada á exposición e a comunicación.

PHOTO-2019-02-28-13-29-36.jpg

Proxecto común anual "KISS THE EARTH: Coida o teu planeta"

Este proxecto común desenvolverase durante todo o curso e nel estarán implicados, ademais dos alumnos, todos e cada un dos profesores do centro, en calquera das súas materias, e, por suposto, as familias, ás que seguiremos pedindo colaboración despois da excelente acollida e resposta que tiveron entre os pais os proxectos dos anos anteriores.

Para o período lectivo 2020-2021 decidimos continuar co tema tan presente e importante para o noso futuro xa que é unha responsabilidade social: Coidar o planeta no que vivimos xa que os nosos océanos están cheos de lixo, ríos cubertos de desperdicios, cidades cuxo aire é irrespirable… Sobran os motivos, poñámonos en marcha!.