Proxecto de Inmersión Lingüística en inglés e francés
Continuando cos proxectos de Inmersión Lingüística nas dúas linguas estranxeiras impartidas no noso centro, para este ano propiciaremos que os nosos alumnos de 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato teñan a oportunidade de seguir participando nos mesmos:
-Os alumnos de 3º ESO poderán, no caso de ser concedida a axuda, participar no programa de inmersión lingüística en inglés promovido pola Xunta de Galicia “English Week”.
-Os alumnos que optaron por escoller lingua francesa como optativa en 4º ESO e 1º de Bacharelato, poderán participar nun intercambio cultural co Instituto francés Sainte Jeanne Elisabeth de París. Os nosos alumnos conviven coas familias deste colexio e asisten a este céntrico colexio de París durante unha semana. Asemesmo, os alumnos franceses correspondentes asisten ao noso centro e conviven coas familias dos nosos alumnos unha semana.
Obxectivos xerais:
Dotar ao alumno-a da competencia lingüística social básica en inglés/francés, de tal xeito que permita un mínimo de interacción social coa comunidade educativa onde se inscribe o alumno-a.
Axudar a compensar ou paliar diferenzas orixinadas polas desigualdades socio-económicas, idiomáticas e culturais, fomentando a capacidade de comprensión e expresión de mensaxes orais e escritos nesa lingua vehicular
Favorecer o uso funcional da lingua, como instrumento de comunicación e de representación da realidade.
Crear e estimular o desenvolvemento de situacións de comunicación similares ás desenvolvidas na vida cotiá, sempre usando o role-playing e o xogo como estratexia lúdica e creativa da lingua.
Introducir contidos culturais dos distintos países para fomentar o desenvolvemento de actitudes de respecto e tolerancia.
