FESTA DOS FUNDADORES

Hoxe celebramos no noso colexio a tradicional Festa dos Fundadores, un día moi especial no que recordamos a San Vicente de Paúl e a Santa Luisa de Marillac. Comezamos a mañá coa música de Timbre de recreo e Girasoles, de Rozalén, que soou pola megafonía creando un ambiente emotivo e festivo.

Os alumnos e alumnas da ESO e Bacharelato recolleron aos nenos e nenas de Primaria para acompañalos aos diferentes obradoiros, nos que compartimos momentos de creatividade, aprendizaxe e convivencia.

Despois da merenda no patio, xogar e brincar…. Chegou tamén un dos momentos máis agardados: a coreografía ao ritmo de Girasoles, que nos fixo bailar e sorrir todos xuntos, como unha gran familia.

Para rematar a xornada, continuamos coa elaboración dos murais,

Non faltaron as tradicionais galletas dos fundadores, un doce detalle que nos lembra a importancia de celebrar xuntos/as os valores que nos unen.

Un día cheo de emoción, alegría e moita participación!

NESTA LIGAZÓN PODEDES VER AS FOTOS:

PREME NA FOTO PARA TER ACCESO A TÓDALAS FOTOS E VÍDEOS